Hoxe foi un día diferente pois celebramos o MAGOSTO. Como xa vén sendo habitual, a asociación CORREDOIRAS de Bueu prestounos os seus xogos tradicionais para que puidésemos gozar deles.
Así que, despois do recreo, saímos ao patio organizados por grupiños e empezamos a xogar (a tirar á tixola, a carreiras de carretas, a tirar a castaña ao burato, á ra...) foi un rato moi agradable!
Pero xa cheirábamos un arrecendo... estaban listas as castañas asadas!!! Comémolas e estaban boísimas! Mmmmmm...
No hay comentarios:
Publicar un comentario