Hoxe os nenos e nenas de 1º e 2º do CEIP P. A PEDRA tivemos una xornada de escola diferente, visitamos a casa da Mangallona en Cangas para ver a obra do pintor morracense Camilo Camaño Xestido. O artista demostrounos mediante un vídeo como creou en pouco tempo unha pintura mural para decorar a fachada da súa casa, logo fíxonos un percorrido polas diferentes salas da casa onde había retratos, paisaxes, bodegóns das diferentes etapas da súa pintura e, por último ensinounos a PEDRA MOURA que recolleu e conserva na súa casa.
Logo merendamos nun parque de Cangas para ir tranquilos e descansados ver a obra de teatro "ROEDORES"
"Peludiño é un hamster que escapou da súa gaiola e quere vivir aventuras, Munda é unha rata soñadora, ambos rebuscan no lixo e deben superar as diferenzas para traballar xuntos e vencer ao gato".
De esta maneira tan gráfica intentamos lembrar o 25 de novembro día "INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO"
No hay comentarios:
Publicar un comentario