BLOG DE 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU

BLOG DO 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU

viernes, 29 de junio de 2012

VISITA DOS NENOS DE 5 ANOS AO SEU FUTURO COLEXIO

Na última semana de cole recibimos unha visita moi especial: os nenos de 5 anos viñeron visitar o que vai ser o seu colexio durante os próximos anos e as súas futuras profes: Rosa e Marta. Durante a visita estiveron vendo as aulas, o patio do 1º ciclo e o Bibliocastelo con Papirus. Para que lles quedara un bo recordo do colexio de Primaria, o alumnado de 2º curso cantoulles o conto: "A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza" e agasallaron ós pequenos cunhas piruletas feitas por eles con plastilina e outras de verdade.

Benvidos rapaces, vémonos despois do verán!

jueves, 28 de junio de 2012

ÚLTIMO DÍA

O 22 de xuño foi o último día de cole. Foi un día tranquilo xa que estivemos xogando nas aulas e no patio, despois foi a entrega de premios do concurso "Que sabes de Valentín Paz Andrade?" e finalmente celebramos unha merenda nas aulas.
Noraboa aos gañadores do concurso:
María Vilas Otero, David Fernández Entenza, Paula Escribano Cabaleiro, Javier Santos Rodal e Miguel Calviño de 1º curso.
Lucía Portela Fernández, Julio Pastoriza Gallego, Sergio Macías Pazos e Martín Barcia de 2º curso.











TEATRO FIN DE CURSO

O xoves 21 fomos todo o alumnado do colexio ao Centro Social do Mar a ver unha obra de teatro chamada "Un avó especial" do grupo MIGALLAS. Foi unha obra emocionante á vez que divertida onde se trataba con moito agarimo a enfermidade do Alzheimer a través dos personaxes de Rosiña e o seu avó, Manuel.


Se queredes ver algún fragmento da obra, botade unha ollada ao blog do BIBLIOCASTELO.

domingo, 24 de junio de 2012

TRABALINGUAS

Durante o terceiro trimestre, o alumnado de 2º curso traballou os xogos de palabras ou trabalinguas. Fixeron un traballo de investigación e co resultado crearon un libro para o Bibliocastelo. Mirade que bonito quedou!

lunes, 18 de junio de 2012

OS NENOS E NENAS DE 5º APADRIÑAN NA LECTURA AOS NENOS E NENAS DE 2º

Hoxe, no patio do colexio, os nenos e nenas de 5º curso apadriñaron  na lectura aos nenos e nenas de 2º. Os de 5º A elexiron cadanseu conto e colocándose por parellas cos nenos e nenas de 2ºA  narráronlle baixiño e de forma agarimosa as pequenas historias que escondían os libros elexidos. Mentras os nenos e nenas de 2º B gazaron dunha sesión de contacontos da man dos rapaces e rapazas de 5º B que lle contaron de xeito ilustrativo dúas historias: PIRATAS CALAVERA E A LAGOA DAS NENAS MUDAS.  
GRAZAS PADRIÑOS E MADRIÑAS LECTORES.
A continuación os nenos e nenas de 2º na sala usos múltiples sorprenderon aos seus padriños  lectores de 5º cun conto narrado e cantado"A TOUPIÑA QUE QUERÍA SABER QUEN LLE FIXERA AQUILO NA CABEZA". Os rapaces e rapazas de 5º estiveron moi atentos. Mirade as fotos

sábado, 16 de junio de 2012

DESPEDIDA DO ALUMNADO DE 2º

E despois de dous cursos nos que gozamos, xogamos, cantamos, aprendemos, maduramos, compartimos, rimos... en resumo, fomos nenos e nenas de 6 e 7 anos; chegou o momento de despedirse. Sí, non hai tanto tempo que chegamos ao 1º ciclo case sen saber ler nin escribir e xa nos vamos cara ao 2º ciclo sendo unhas grandes persoas que son capaces de escribir e ler historias e contos marabillosos. Xa nos caeron os dentes de leite, algúns levamos gafas, medramos e medramos pero... seguimos sendo os mesmos rapaces e rapazas ilusionados por aprender cada día máis.
E para que non vos esquezades de nós e como sabedes gústanos moito a lectura, deixámosvos unha imaxe nosa para que atopedes un mundo máxico cheo de fantasía.se premedes no nome do curso.


2º A
 



2º B
  

APADRIÑAMENTOS LECTORES DE 2º

O venres 15, despois do recreo todos os nenos e nenas de 2º foron ao cole de Infantil a contarlle un conto aos Pelouros de 4 anos. Pero non era un conto calquera. Era un conto que cada neno e nena de 2º buscou no Bibliocastelo con moito agarimo para poderllo ler a un neno ou nena de 4 anos. Despois ensaiaron na casa con mami, con papi, coa avoa, co gato... Todo o mundo escoitou o conto! Por fin chegou o momento de baixar a Infantil e atopar a parella do ano pasado (algúns xa non se lembraban) e leron, escoitaron, miraron os debuxos... en fin, pasárono xenial!
Mirade este enlace para ver máis imaxes: PELOUROS.
Despois, os Pelouros invitáronnos a ver a súa exposición UN ABECEDARIO DE ARTE, que é magnífica. Explicáronnos cada unha das letras do alfabeto, os artistas, ensináronnos os cadros que fixeran... e finalmente invitáronnos a merendar. Non nos marchamos sen escribir unha felicitación no seu libro de visitas. Noraboa por este traballo tan interesante. Sodes uns pequenos artistas!

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...